BUSCADOR






21º Ano - 5ª Época - 20/11/2017
Actualidade
26-12-2012

"Sempre na memoria" lembra a Man e aos voluntarios do Prestige en Camariñas

"Sempre na memoria" lembra a Man e aos voluntarios do Prestige en Camariñas

Con motivo do 10º aniversario do afundimento do Prestige o Concello de Camariñas organiza varios eventos para os días 28 e 29 de decembro. 

O venres 28 ás 20.00 h terá lugar o cortexo fúnebre dende a Fundación Man ata a vivenda do Museo onde residía Man e onde serán soterradas as súas cinzas como era o desexo do artista. 

O sábado 29 a mediodía descubrirase unha placa de agradecemento ao voluntariado na Casa de Pedra, acto promovido polo Concello de Camariñas, o programa Galicia en color e a Asociación de Profesionais do Turismo da Costa da Morte (APTCM). Logo deste acto inaugurarase a exposición "Prestige, Sempre na nosa memoria"

Pola tarde os actos serán na Casa do Alemán en Camelle. Ás 18.30 h inaugurarase a exposición "Man, Sempre na nosa memoria".
Ás 19.30h terá lugar a presentación do libro "Man, o Alemán de Camelle" de Beatriz Maceda Abeleira.

As exposicións permanecerán abertas ata o día 5 de xaneiro.

Ligazóns

Deixa aquí o teu comentario








Hemeroteca