BUSCADOR






21º Ano - 5ª Época - 20/11/2017
Actualidade
21-09-2012

Empresas da Costa comeza con zapatos novos

Rodriguez Zapateros

Continúa en marcha o proxecto Empresas da Costa, artellado polas marcas costeiras Abertal, Galinus, Finisterrae e Que pasa na Costa. Este espazo de dinamización do tecido empresarial da Costa da Morte a través da internet nacía o pasado mes de xullo, e xa comeza a dar os seus primeiros pasos.

Deste xeito, podemos destacar a creación da primeira web personalizada, realizada a prezos reducidos pensados para pequenas e medianas empresas en tempos de crise. Rodríguez Zapateros, a zapatería artesá de Carballo, vén de apostar por sumerxirse na rede con Empresas da Costa.

Rodríguez zapateros

Rodríguez Zapateros

Este taller artesán ven de reformar a súa web realizada fai xa oito anos e que lle ten traido clientes de toda España. A peculiaridade de Rodríguez Zapateros é a elaboración de zapatos a medida.

A especialidade de Rodríguez Zapateros é a elaboración de zapatos a medida, zapatos adaptados ás peculiaridades e necesidades dos pés tales como: xoanetes, papilomas,  pés planos, pés de diferente número ou ancho, anchos especiais, pernas de diferente lonxitude... Non hai ningún pé igual e non todos temos as mesmas necesidades.

Ademáis, a páxina tamén acerca ós usuarios ao proceso de elaboración artesán e ensina cal é a mellor forma de medir un pé, para despois adaptar o calzado á perfección, a través de vídeos.

Podrá ver na súa web imáxenes dos traballos de Rodríguez Zapateros, coa posibilidade de facer encargos según as peculiaridades de cada persoa.

Ligazóns

Deixa aquí o teu comentario








Hemeroteca