BUSCADOR






21º Ano - 5ª Época - 21/11/2017
Actualidade
23-10-2001

Cando empezamos era un obxectivo, pero agora xa é toda un realidade

FINISTERRAE.COM, UN EXITO DE VENDAS NA REDE

Desde aquel primeiro espacio da Olería de Buño a principios do ano 1997, ata hoxe, foron moitas as empresas que confiaron en nós para dar o paso de entrar na rede, e todas elas con grande éxito. Que Musical JR, unha empresa radicada en Carballo, estea vendendo gaitas e percusións tradicionais para América, Europa e toda España. Se temos en conta ademáis que os clientes que consigue pola rede son clientes que nunca ía a ter, o éxito é aínda maior. En pouco máis de un ano, a facturación deste taller conseguiu aumentar considerablemente gracias a entrar a formar parte da nosa Comunidade. E o grado de satisfacción dos seus responsables é altísimo. Calzados Rodríguez un obradoiro de calzado a medida, ven de conseguir gracias á súa presencia na rede, que o xornal La Voz de Galicia lle dedicase casi unha páxina da súa sección de economia na edición do domingo. Esto xunto co seu espacio na rede fixo que recibise unha grande cantidade de pedidos de toda Galicia e incluso de outros puntos do estado. Nin que decir ten a repercusión que finisterrae.com tivo a nivel das reservas hoteleiras na Costa da Morte. Segundo nos fixeron saber os nosos clientes, o grao de satisfacción é altísimo. Nas seccións de Hoteis e Apartamentos e na de Turismo Rural hai establecementos nos que o número de reservas pola rede supera ó das reservas por outros medios. Somos conscientes de que foron moitos millóns de pesetas os que trouxemos á Costa da Morte, e por eso consideramos que a día de hoxe xa temos o OBXECTIVO CUMPRIDO, pero non deixaremos de seguir a traballar para que cada día sexamos máis. Xa fomos pioneiros en Europa cando no 1997 creamos un espacio na rede referente a unha comarca concreta e cos servicios que xa ofrecíamos. Fomos dos primeiros en experimentar co comercio eléctronico seguro, de eso encargouse a librería TRAZOS. E agora seguimos a ser referencia para todo aquel que pensa en achegarse á Costa da Morte. A todos os noso clientes e a todos e todas as que nos visitades, GRACIAS. NON DEIXE DE VISITAR A NOSA REMODELADA TENDA.

Ligazóns

Deixa aquí o teu comentario








Hemeroteca