BUSCADOR






21º Ano - 5ª Época - 18/11/2017
Actualidade
18-12-2009

Actividades nas Casas da Cultura de cada parroquia

UN NADAL PARA DIVERTIRSE EN DUMBRÍA

Este Nadal chega a Dumbría cargado cun amplo programa co que, sobre todo os máis cativos, se poderán divertir. A maioría das actividades desenvolveranse na Casa de Cultura de cada unha das parroquias. Entre a ampla oferta lúdica incluiuse unha festa infantil de Nadal no pavillón municipal, unha excursión ao planetario da Casa das Ciencias e á pista de patinaxe sobre xeo da Coruña. Logo, durante todo o Nadal haberá talleres para facer manualidades típicas destas datas e contacontos temáticos, cine e conexións a través de video-conferencia con Papá Noel.

Ligazóns

Deixa aquí o teu comentario








Hemeroteca