BUSCADOR






21º Ano - 5ª Época - 22/11/2017
Actualidade
25-05-2002

Do 21 ó 23 de xuño celebrarase en Lira (Carnota) as III Xornadas Internacionais de Cultura Tradicional

III XORNADAS INTERNACIONAIS DE CULTURA TRADICIONAL

A Asociación Cultural Canle de Lira (Carnota) ven de estrear páxina web, e nela presenta, ademais da propia asociación e o lugar de Lira, o programa das III Xornadas de Cultura Tradicional. As Xornadas celebraranse no Salón de Actos do Concello de Carnota baixo o título A Paisaxe, un Patrimonio Común. Arrincaran na súa primeira edición co hórreo como protagonista. O Hórreo e a Arquitectura do Pan fora nesa ocasión o título das Xornadas. Os actos comezarán o venres día 21 ás 10 da mañá coa inauguración e seguirán con dúas conferencias: A Paisaxe un Patrimonio Común e Paisaxe, Biodiversidade e Biosfera. A tarde contará con dúas Mesas Redondas: A paisaxe, Memoria ou Esquecemento coa participación de Eva Veiga, Manuel Rivas e Francisco X. Fernández Naval como moderador. Ás 18,30 A paisaxe vivida con Manuel Souto Barreiro do Proxecto Carnota. Pola noite CANLE NIUS. Espectáculo producido para a ocasión pola Comfraría.Com coordenado por Miguel de Lira. O sábado 22 pola mañá conferencias de Patrick OFlanagan (A Paisaxe Cultural de Galicia), Gonzalo Navaza (A toponimia, a Expresión da Paisaxe) e Pedro Armas Diéguez (O valor patrimonial da paisaxe). Pola tarde haberá unha excursión en barco pola costa dos Concellos de Muros e Carnota e á noitiña unha sardiñada. Ás 23,30 espectáculo do grupo teatral Chévere no Mar de Lira. As Xornadas clausuraranse o domingo 23 cunha Mesa Redonda: Ameazas, Conservación e Reconstrucción da Paisaxe e un Concurso de Empanadas de Millo ás 13,00. Suculento remate para unhas Xornadas de Cultura Tradicional que prometen. Ben polos de Lira.

Deixa aquí o teu comentario








Hemeroteca