BUSCADOR






23º Ano - 5ª Época - 14/11/2019
DO TEMPO NA IDADE MEDIA

Por: José Ramón Insua Trava

Dende que o home se fixo agricultor, tivo que coñecer as estacións do ano para facer as labouras do campo de maneira ordenada e proveitosa. Si temos en conta que ata o século XVII, non se supo que a Terra ten o movemento de rotación (Causa dos días e noites) e o de traslación, orixen das estacións, é doado caer na conta dos atrancos que pasaron os labregos.

Foi o pobo Caldeo o que creou a actual semana astronómica de sete días e chamada así por dedicar cada día a un planeta. Os romanos bautizaron os meses con nomes de deuses, emperadores ou número de orden no calendario romuleo que soio tiña dez meses o comenzar en marzo e finar en decembro, e un ano de 304 días.

Non é dificil imaxinar os problemas que esta duración creaba nos agricultores. Xulio Cesar estableceo o seu calendario con anos de 365 días e que durou ata o 1.582, ano en que foi mudado polo do Papa Gregorio XIII que‚ o actual. Como os traballos da terra empezaban e acababan con festas dedicadas a deuses paganos, a Igrexia Católica mudou a estes por santos cristianos de tal maneira que os meses chegaron a ser máis coñecidos polos seus santos que polos seus propios nomes: San Xoan por xuño, Santiago por xullo, Santa Marina por agosto, San Miguel por setembro, San Lucas por outubro e San Martiño por novembro. Mesmo se tentou cambiar os nomes dos días polos de feiras. Existe todo un refraneiro respecto: Por Santa Mariña, dalle ca fouciña.

Preocupada a Igrexia en facer desaparecer os restos das crenzas paganas, expoñía os calendarios nas portas das igrexias con figuras que representaban os meses e as festas de cada un deles. Mesmo algún foi gravado en pedra.

A festividade de Mitra, espíritu pagán da Luz Divina, celebrabase o 24 de decembro. A esta data foi trasladado o nacemento de Xesús. Mesmo se tentou pasar o primeiro do ano o 25 de marzo, data máis acorde coa Biblia.

Parece ser que en certas zonas, o día de ano vello, os anciáns eran levados os montes para que finaran neles. Este tema foi tratado por Bouzas Brey.

Hemeroteca