BUSCADOR






23º Ano - 5ª Época - 20/09/2019
ISABEL BARRETO, PRIMEIRA ALMIRANTE DA MARIÑA

Por: José Ramón Insua Trava. PP do albañil e D Pur

Non se teñen probas dos lugares onde naceu e morreu esta Isabel aínda que todos os historiadores supoñen que era galega.

Sábese que estaba en Perú cara ao 1.585, onde se trasladou en compañía da súa familia e que casou co adiantado Álvaro de Mendaña co que se embarcou, acompañada de varias damas, o 16 de xuño de 1595 con rumbo ao Pacífico. A presenza de mulleres a bordo do navío foi protestada por pilotos e mariñeiros, pero todo foi inútil.

Á morte do seu marido, non só non careceu de enerxía no seu cargo de adiantada das illas Salomón, senón que chegou a converterse nun verdadeiro pesadelo para os rudos mariñeiros que viron como unha simple protesta podía custarlles a forca. Segundo o piloto Pedro Fernández de Quirós, as crueldades de Dona Isabel nada tiñan que envexar ás do capitán inglés Bligh. Das illas Salomón trasladáronse ás Filipinas onde Dona Isabel ordenou esperar até a mañá seguinte para desembarcar. Un mariñeiro saltou a terra de onde regresou con cocos para acougar a sede dos seus compañeiros. Tal desobedencia custoulle ser aforcado nunha verga do barco.

Dona Isabel casou de novo con Fernando de Castro pasando ambos os dous ao Perú no ano 1598 e a Madrid no 1609, onde se perden as pegadas de Dona Isabel de Barreto, a primeira e por agora única almirante da frota española.

Hemeroteca