BUSCADOR






21º Ano - 5ª Época - 20/11/2017
Mazaricos
Rico couto de pesca do Xallas

Verde que te quero verde

Río Xallas

Mazarico, pico, pico,
quen che deu tan longo pico ?
Deumo Deus e os meus pecadiños,
pra repinicar nos carballiños.

As terras de Mazaricos toman o nome destas desconfiadas aves limícolas de corpo pardo cincento e talla mediana, caracterizadas polo longo peteiro curvo e polas súas altas patas.

Rio Xallas, paraíso da pesca

Fervenza

Mazaricos é unha terra pouco poboada, de lugares pequenos e dispersos, sendo os núcleos máis importantes os de A Picota, Pino de Val e Asenso. Estas relaxantes e calmas paisaxes, frondosas paraxes xalleiras, son ideais para os deportes de caza e pesca.

As limpas augas dos ríos que verdescen prados e montes de Mazaricos gardan abondancia de troitas e reos, especialmente no Argos, Beba, e no propio Xallas, que procedente de Santa Comba descende caudaloso cara terras de Dumbría. Os encoros de Santa Uxía, Olveiroa e Fervanza permiten igualmente a práctica de deportes náuticos

A necrópole megalítica de Eirón

Parxubeira

Mazaricos atesoura os restos das necrópoles megalíticas de Corveira de Eirón e do Monte de Embaixo de San Xosé do Val, datadas no III milenio a.C. A mina de Parxubeira, parte do conxunto das mámoas de Corveira, é o resto dunha anta na que se acharon estelas antropomórficas e interesantes restos de cerámica, e da que unha lenda conta a existencia dun tesouro e de mortos no seu interior.

Exemplos de arquitectura rural máis contemporánea son as igrexas de piadosas romarías de Santa Mariña de Coiro, San Fiz de Eirón, a capela da Virxe do Monte de Coiro, e a Casa de Arcos da familia Mariño de Lobeira.

Ligazóns

Hemeroteca