BUSCADOR






23º Ano - 5ª Época - 16/09/2019
Alonxar o Prestige foi determinante para o seu posterior afundimento

Segundo un informe da Oficina Francesa de Investigación de Accidentes Marítimos (BEA-Mer), a decisión do Ministerio de Fomento de alonxar o barco, expoñéndoo así ao temporal, foi determinante para o posterior afundimento do mesmo. O informe sinala tamén que a decisión do capitán Mangouras de encher os tanques de lastre para correxir a escora puido agravar a situación, facendo máis vulnerable o buque aos sobreesforzos.

Na súa peritaxe, o BEA-Mer, conclue que a fenda inicial abriuse debido a unha debilidade estructural do casco e non polo impacto dun obxecto flotante.

Hemeroteca