BUSCADOR






23º Ano - 5ª Época - 16/09/2019
A UE move ficha en relación á catástrofe do Prestige

A UE iniciou o proceso cara prohibir o transporte de fuel pesado en petroleiros monocasco que superen as 5.000 toneladas de peso morto. Preténdese que o regulamento entre en vigor para o vindeiro mes de xullo.

Nesta mesma liña, a plataforma NM entregou ao Parlamento Europeo as súas propostas en materia de transporte marítimo, lembrando que "fronte ás costas galegas circula o 10% do tráfico internacional e o 70% do comercio de petróleo na UE".

Por outro lado, a Comisión Europea admitiu a queixa presentada por Greenpeace o pasado 6 de marzo contra o goberno español pola decisión de afastar o petroleiro, o que puido supor, a xuicio da asociación ecoloxista, un incumprimento da normativa comunitaria no que se refire ao tratamento de residuos contaminantes. A investigación iniciada podería ter como resultado unha infracción ao goberno español.

Hemeroteca