BUSCADOR






23º Ano - 5ª Época - 20/09/2019
Para non esquecer

A Costa da Morte estivo presente unha vez máis nunha manifestación cidadá por mor do desastre do Prestige. Este pasado domingo ao redor de 100.000 persoas segundo os convocantes, 40.000 segundo a policía local, manifestáronse en Santiago para que o Prestige, e as súas consecuencias e ameazas, non sexan esquecidas.

Novamente, citáronse miles de galegos e a chuvia para reclamar a demesión dos responsables políticos do desastre e solucións definitivas para o fuel que aínda permanece no petroleiro, e que segue a saír a un ritmo de 2 Tn. diarias; como así se lembrou no manifesto lido por Uxía Senlle e Suso de Toro, no que tamén reclamaron a "elaboración e execución dun plano de limpeza, rexeneración e repoboación da costa", apoio aos sectores afectados e o recoñecemento e respeto aos voluntarios.

Hemeroteca