Catalogo de este oleiro de  Buño

Congreso de asociacións xacobeasCongreso de Asociacións Xacobeas.
Urbano Lugrís, pintor do mar.Visite o especial sobre Urbano Lugrís
Olería de BuñoAquí pode gañar unha viradeira.
- Nº 82
 
 

INAUGURADA A VI EDICIÓN DA MOSTRA DE ARTESANIA DE VIMIANZO.
Do 2 de xullo ao 15 de setembro permanercerá aberta a diario.

Información ofrecida por Radio Nordés

O día 2 de xullo comezou a sexta edición da Mostra de Artesanía en Vivo no Castelo de Vimianzo que permanecerá aberta ata o vindeiro quince de setembro e, con posterioridade a esa data, tódalas fins de semana e festivos ata o primeiro de xullo do vindeiro ano, segundo o contemplado no convenio suscrito pola Deputación da Coruña e o Concello vimiancés. O horario de visitas, agás os luns, que estará pechada ó público, será de dez e media a dúas e de catro a oito e media, pola tarde.

O día 1, os doce artesáns que están presentes na Mostra asinaron na sé da Deputación provincial o contrato de participación. As modalidades que se poden ver no Castelo son a alfareiría de Buño, zoqueiría, sombrereiría, prateiría, artesanía da pel, maquetería de barcos, artesanía do liño, encaixes, cesteiría e canteiría.

 

Novas do 1997

 

visite os nosos anunciantes

Non esqueza consultar a Libreria Trazos para calquera obra que precise sobre a artesania, sobre Galicia ou sobre as últimas novidades do libro.

O congreso Xacobeo contará cun diaporama sobre o Camiño a Fisterra.

A comisión organizadora do Congreso Internacional Xacobeo quere incluir entre os actos previstos un diaporama sobre a historia dos camiños xacobeos, facendo incidencia na prolongación do camiño francés a Fisterra e Muxía.

A xvalso organiza a IV noite folk

A Asociación da xuventude do val de Soneira organiza o venres 2 de xullo a IV noite folk no inmellorable marco do pazo de Trasariz.

 
Para subscribirse ao boletín de  finisterrae.com:
boletín@finisterrae.com

Lugares
Natureza
Lecer
Contos
Pousada
Economía
Feito da man de Abertal
Información : costadamorte@finisterrae.com