O PECAS, DE MAREA NA GALEGA
Outra vez, Roberto Traba Velay vén contarnos unha historia coas que nos fai ver cal é a vida do día a día, nunha das nosas poboacións da Costa da Morte.

Roberto Traba Velay
Fisterra
 

Pero mira ti por donde, quen lle ía dicir ó amigo Pecas que despois de tantas campañas ó bacallau por mares de Noruega e Canadá e tantas mareas ó Gran Sol e á Costa de Francia en arrastreiros de Trincherpe, e que despois de tantos duelos en singulares combates mantidos día da día e noite a noite coas ondas do Mar do Norte e dos mares do Sur, acabaría en plan Paco Rabal, interpretando de marabilla o papel de Ramiro, mariñeiro tipo Chanquete de Verano Azul en Mareas Vivas da Televisión de Galicia.

O luns, os teléfonos soaron máis da conta a partires das nove e media da noite porque irmáns, tíos, amigos, pais e colegas querían comunicarse os uns ós outros que estaba saíndo o Pecas pola Galega e que o estaba facendo, desde moi ben, ata coxonudamente, pasando por de p… madre.

Posiblemente na noite do luns, e gracias á colaboración do Pecas na serie que tan “gheadamente” dirixe Antón Reixa, en Fisterra deuse a rara circunstancia de que toda a familia se xuntara frente ó televisor, grande como nos tempos en que había unha soa cadea e, polo tanto, unha soa película e un só partido de fútbol. E tamén tres ou  catro anuncios que os rapaces sabiamos de memoria e que facía que, a falta de videoconsolas, nos consoláramos xogando a ver quen era o primeiro que acertaba a propaganda. En décimas de segundo sabiamos se era a de Nescafé, a de Ajas, el más poderoso, ou somos los conguitos, riquísimos de comer.

Fronte ó vello televisor en branco e negro, coa pantalla chea de choiva, aqueles tempos convértense hoxe nin en mellores nin peores, senón diferentes, polo menos naqueles anos setenta, cando o dictador xa non dictaba tanto e saían en programas como os Directísimo con José María Íñigo, xente como o finado señor Ramón Calvo para contar as súas mágoas e dicir que a vida non era tan bonita, e chamarlle ó pan, pan, e ó viño, viño.

Daquela non había tanta chamada de teléfono porque había que botar unha conferencia e esperar unha chea de tempo para que che puxeran con tal ou cual, pero o que había era a mesma expectación e desde a cociña os pais escoitaban ós rapaces berrar emocionados: ¡Papá, papá, o señor Ramón está na tele!

O Pecas, Ramiro, Juan Papín, fíxome lembrar aqueles días e gustoume, claro que me gustou, e máis aínda que levara unha visera da Festa do Longueirón, porque en Fisterra sómosche así.
 
 







Entre para ver as novas anteriores


 
O Web Oficial da Olería de Buño, ofrece desde hoxe un novo xogo on-line.

Xa se pode gañar unha viradeira (para a tortilla de patacas), respostando a unhas preguntas para descubrir cal é o personaxe que se oculta detrás do panel. Este sofisticado xogo, tamén nos vai dando pista sobor da identidade do personaxe oculto.
O xogo é continuación do que foi o primeiro concurso estable decano de Internet non só  de Galicia senón da celticidade, hispanidade e a lusofonía creado aló polo ano 1997. Para adaptarnos aos  tempos, a nova versión require o uso dun plug-in especial.


 
As Torres do Allo converteranse nun punto de información turística.

O arquitecto Iago Seara, é o encargado de converter este conxunto histórico artistico nun punto de información para quen visite a Costa da Morte.
Esta rehabilitación corre a cargo da Deputación de A Coruña, que se fixo eco das multitudes de peticións que pedían que fosen sacadas do ruinoso futuro ó que estaban abocadas.


 
Malpica e Bergantiños primeiro e segundo na Rexional Preferente.

O F.C. Bergantiños, vence ó Urilde por 2 tantos a 0, e ponse a só un punto da S.D. Malpica, que encabeza a clasificación.
Na Liga da Costa, segue todo máis ou menos igual.

SIGUE AS EVOLUCIÓNS AQUI CADA SEMANA

 

Para subscribirse ao boletín de  finisterrae.com:
boletín@finisterrae.com

Lugares
Natureza
Lecer
Contos
Pousada
Economía

 
Feito da man de Abertal
Información : costadamorte@finisterrae.com