|
APARECE UN NOVO MEDIO
DE COMUNICACIÓN NA
COSTA DA MORTE
A milenaria Costa da Morte, fonte de inspiración
de numerosas personas e tumba feroz de homes de mar, niño de lendas
e tradicións, vén de acoller a aparición dun novo
medio de comunicación escrito, que baixo o nome de “Noroeste – Costa
da Morte” pretende cubrir quincenalmente a non pouca información
que xeran os doce concellos do ámbito escollido polos responsables
da empresa editorial.
Comunicado / Redacción Noroeste
O seu obxetivo é ser unha canle que facilite a información
que máis afecta os habitantes da zona, con páxinas específicas
para os diferentes municipios, e con espacios integramente dedicados a
dous subsectores primordiais: a Pesca e a Agricultura. A cultura
ten un protagonismo esencial neste xornal, contando con varias páxinas
nas que se mistura a crítica e a creación, cun relatorio
pormenorizado das inquedanzas que existen nas comarcas.
A tirada inicial é de uns sete mil cincocentos
exemplares, que se están distribuíndo en locais comerciais,
administrativos e en asociacións dos municipios de Cabana, Camariñas,
Carnota, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Laxe, Mazaricos,
Muxía, Vimianzo e Zas, de xeito gratuíto, co fín de
presentar este novo medio. Neste número, colabora o premio Nacional
da Critica, Xulio López Valcárcel, así como outros
escritores afincados na Costa da Morte, como é o caso de Modesto
Fraga Moure, Roberto Traba Velay, ou Xosé Manuel Lema, que é
o director da publicación. Segundo a súa opinión,
a aparición de Noroeste - era precisa, para establecer
un novo medio arraigado na Costa da Morte, e que quere pulsa-las distintas
ópticas dunha zona que tén na riqueza histórica e
na diversidade, un tesouro de futuro -. Lema explicou que aparte de
darlle un tratamento serio, plural e profisional as noticias, polo Noroeste
pasarán as plumas máis distinguidas da Literatura galega.
Na primeira edición varios alcaldes felicitan a este xornal, o que
lle desexamos longa vida.
Entre para ver as novas anteriores
|
Varios concellos participarán
nun proxecto de aproveitamento
turístico do río
Xallas.
O Proxecto Xallas, é unha
iniciativa baseada no aproveitamento das marxes do río Xallas e
dos encoros que este alimenta. Con este proxecto preténdese
crear e infraestructuras relacionadas con construccións rurais,
así como a potenciación dos deportes e actividades naúticas.
|
|
Veciños de Dumbria
recuperan a figura do escultor Ramón Noya
Un grupo de veciños de Buxán,
integrados na asociación “O Agro”, está a traballar detrás
dos ronseis artísticos do escultor Ramón Noya, que naceu
neste concello.
O artista elaborou gran cantidade
de obras para varias igrexas da comarca, así como reparacións,
todas documentadas sobre o 1.850, segundo datos recollidos polo historidor
Miguel Anxo Hermida.
|
|