NOVAS INICIATIVAS RELANZAN ACTIVIDADE INDUSTRIAL 
 
Chega co Nadal unha boa noticia para o desenvolvemento económico da Costa da Morte. A empresa Ferroatlántica, dedicada a producir derivados do silice, instalará unha das súas fábricas en Dumbría.
  
Redacción 
 
Nestes días en que o mar está a facer das súas na zona, levandose tres mariñeiros perto de Caión (Laracha), facendo embarrancar un cargueiro na ría de Corcubión, e algún que outro susto aos que xa nos ten acostumados, algúnhas novas si que nos aledan o espírito, xa que fan falla ainda máis iniciativas como a de Ferroatlántica para consolidar o avance económico definitivo de esta área económica e permitir o seu liderazgo non só a nivel galego, senón europeo e mundial en diversas áreas de actividade, sexan turísticas, pesqueiras, agrícolas, tecnolóxicas, construcción, ... 
 

Nestes intres amosase esta  zona como un punto ideal para o enclave de empresas, A Coruña estase a quedar nestes intres sen chan industrial, polo que se pensa xa máis concretamente na zona de Carballo e Laracha, para a instalación dunha bolsa de chan industrial que sirva de oferta a esta cada vez máis acuciante demanda.  

Cabe recordar que na actualidade Bergantiños conta con dous polígonos industriais, un en Carballo que non ten cubertas ainda a maior parte das parcelas e que está pendente de realizarse unha segunda fase, e outro en Ponteceso de reciente criación, que tan só ten ocupada unha parcela.  

Tamén en Soneira e Fisterra existen instalacións acondicionadas para a actividade productiva industrial, con todas as garantias e prestacións. 

De verdade que esperamos que estas iniciativas se leven a cabo canto antes polo ben de todos, e que por suposto sexan o mais respetuosas co medio que lles sexa posible. E para economía limpa a que realiza a empresa Desarrollos Eólicos, S.A., que vai poñer en funcionamento para a vindeira primavera un parque eólico en Corme, Concello de Ponteceso. Este é o cuarto parque eólico da zona, despois do de Cabo Vilán en Camariñas, o de Punta Nariga en Malpica, e o de Pico Meda en Zas e Santa Comba. Hai máis proxectos pendentes de realizar por Abengoa e incluso algunha empresa danesa, non sen que teñan criticas, xa que como ten dito a asoción ecoloxista PX de Ponte do Porto, non todos os sitios son bos para estas instalación, xa que o impacto paisaxistico e incluso cultural pode ser moi forte. 

Un exemplo de empresa integrada é conservas Calvo, de actividade en Carballo e Esteiro (Muros) que ademais da actividade das factorías, é motor para descarga en portos como o de Laxe. 

Ben, se vostede ten unha empresa e está buscando unha ubicación ideal para ela, non dubiede en ter en conta un conxunto de comarcas que conforman unha área económica consolidada e capacitada, con un enorme potencial de futuro. 
 

 
 Entre para ver as novas anteriores
 
  
Para subscribirse o boletín de  finisterrae.com:
boletín@finisterrae.com
 
Lugares
Natureza
Lecer
Contos
Pousada
Economía
 
 
Feito da man de Abertal
Información : costadamorte@finisterrae.com