Voltar
 
Palilleiras
 
Directorio
Tenda
Museo
Obradoiro
 
Na actualidade, o encaixe de Camariñas está a experimentar unha importante expansión. É por isto que está a aumentar tamén o número de mulleres adicadas a esta artesanía. Son máis de 3.500 palilleiras organizadas en diferentes asociacións e empresas e que traballan sobre todo nos concellos de Camariñas, Muxía e Vimianzo 

Malia a incorporación de xente nova, a maioría das artesanas ten máis de 45 anos e palillar aínda segue a ser, en moitos casos, unha actividade complementaria (dados da Fundación Cultural Española para el Fomento de la Artesanía).  

Na formación das futuras palilleiras teñen, como antano, grande importancia as ensinanzas da avoa, da nai ou dunha señora de confianza a que se lle encarga esta tarefa; aínda que na actualidade a formación tamén se impulsa e estructura a través dunha Escola Obradoiro 

Polo xeral, inícianse ás rapazas nesta artesanía a partires dos 5 anos.Nun principio empezan cunha almofada ao xeito, lixeira e, polo xeral, con seis pares de palillos. Paseniñamente irán perfeccionando a súa técnica e os seis pares de palillos convertiranse en máis de cincuenta pares e os paniños sinxelos en obras mestras desta arte popular. 

 

Directorio / Tenda / Museo / Obradoiro