Voltar
 
Onde 
 
Directorio
Tenda
Museo
Obradoiro
 
  

No noroeste galego, ao abeiro da ría de Camariñas e fronte á Costa da Morte xurde cada día dende hai séculos a lene maxia do encaixe.   

Noutrora, a primeiros de século cando a época de grande actividade, a zona palilleira extendíase pola costa dende Laxe ata Muros e ata Vimianzo e Dumbría cara o interior; mesmo a tipoloxía do encaixe era ben diferente segundo os lugares: miúdo e fino como o de Camariñas ou máis grande e groso como os de Santa Mariña ou Carnés.   

Na actualidade, palíllase sobre todo nos concellos de Camariñas, Muxía e Vimianzo, facéndose de xeito semellante nos diferentes lugares.   

As principais vías de acceso son:   

- dende A Coruña coller a C552 en dirección a Carballo e logo seguir cara Baio e Vimianzo, onde se torce cara Camariñas
- dende Fisterra coller tamén a C552 en dirección a Vimianzo, torcendo alí cara Camariñas
-dende Santiago coller a C545 cara Santa Comba, de alí seguir ata Zas, Baio e Vimianzo, apartando nesta vila cara Camariñas

 Directorio / Tenda / Museo / Obradoiro